Fundación Paco Lareo

A “Fundación PACO LAREO. A Solaina de Piloño” foi constituída no ano 1995 a mans de Paco Lareo Morao, polifacético artista cruceño, dinamizador e promotor sociocultural incansable do rural galego. Desde o seu Piloño natal, soubo converter as artes plásticas nun foco permanente de actividades culturais que transcenderon co pasar dos anos.

Fai dez anos que nos deixou Paco, pero o seu legado perdura na súa querida Solaina, epicentro dinamizador da cultura rural durante décadas, grazas ao empeño persoal do artista. Dende ese pequeno recuncho exerceu como faro para moitos outros creadores, expandindo as fronteiras da aldea a todo o mundo.

Paco facía arte dende o rural, concibía a arte e a cultura dende o rural.

  • Encontros culturais
  • Proxeccións audiovisuais
  • Recitais poéticos e literarios
  • Realización de obradoiros
  • Museo etnográfico
  • Presentación de libros
  • Encontros
  • Concertos
  • Actividades para nenos

Estas son algunhas das actividades levadas a cabo pola Fundación. A finalidade do proxecto que se presenta é visibilizar o gran legado que o pintor e escultor dezá nos deixou, tanto da súa obra artística como de outros moitos autores galegos amigos de Paco, e que mellor galería de arte que o Camiño de Santiago, camiño de encontros, de cultura, de historia, de patrimonio, de arte…